Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

Día de Rosalía de Castro

Como sabedes, estamos mergulladxs nun proxecto sobre a Odisea. Ulises, tivo que deixar atrás a súa terra Ítaca por mor da guerra de Troia. Tardaría logo moitos anos en regresar ao seu fogar...  A través da poesía de Rosalía de Castro , podemos tentar comprender a saudade do aventureiro Ulises. Pero fundamentalmente, sérvenos de gallo para afondar nesta gran poeta: no seu xeito de crear poesía, na súa loita por defender o idioma e a vida de tantos galegos e galegas, o seu sentimento de amor cara a terra e ese abrazo xeneroso cara a literatura.  Para homenaxear o nacemento de Rosalía de Castro, nun día coma hoxe, o alumnado de sexto interpretou un dos poemas máis recoñecidos desta gran muller. Amancio Prada pon voz e sentimento ás súas verbas. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega  convídanos a celebrar este día baixo o lema "teus doces cantares".  SEMPRE ROSALÍA

Día internacional da muller e da nena na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o día internacional da muller e da nena na ciencia . Ao longo destas semanas, realizaremos distintos experimentos e descubriremos algunhas científicas que xogaron un papel importante no campo da investigación científica. Seguindo co noso proxecto da Odisea, quen mellor para presentarnos esta data que a deusa Atenea...

Capítulo 1. O país dos cícones