Actividades sobre poesía
Na aula estivemos traballando estas semanas diferentes xéneros literarios (narrativa, lírica e teatro). Hoxe comeza a primavera e mañá celebrarase o día internacional da poesía , polo que propoñemos dúas actividades respecto ao xénero lírico para ir facendo nos vindeiros días. Busca un verso ou pequeno fragmento poético e súbeo como comentario do blog (lembra citar o autor ou autora do mesmo). Visualiza o seguinte vídeo elaborado polo alumnado do curso pasado. Escolle unha das palabras que atopa o protagonista e elabora con ela un pareado (dous versos que rimen entre si). Podes ilustrar a túa composición cun debuxo. *Esta actividade é para elaborar no caderno, pero tamén podedes subir as vosas creacións nos comentarios do blog. enlace ao vídeo : " compartindo poesía " Exemplo de pareado coa palabra "xeada": "Cando a mañá se viste de XEADA o ceo pinta unha noite estrelada" Sabemos que nestes días está escaseando a poesía. Dende