Visita ao acuario

Onte visitamos o Aquarium Finisterrae e descubrimos moitas cousas sobre o mundo mariño: os mecanismos de defensa dalgúns peixes, a cor dos mexillóns, a importancia das branquias, por que no acuario uns peixes non se comen a outros, que as quenllas teñen tres filas de dentes e un fígado moi grande, como limpan os dentes as focas...

Tamén aproveitamos para seguir traballando no noso proxecto Buganvílea. En grupos de cinco persoas, elaboramos unha pequena enquisa para realizar a algún visitante ou traballador do acuario.


Entrevistamos a dez persoas, dúas delas traballadoras do acuario e o resto visitantes. Catro mulleres e seis homes. Os datos que extraemos son os seguintes:
1.- As persoas entrevistadas coñecían a algún científico importante, agás unha, que non lembraba ningún/a. Todas as respostas aludían a un home científico.
2.- Seis persoas contestaron que non coñecían a ningunha muller científica. Unha persoa respondeu que si, pero non citou o seu nome. Tres persoas citaron mulleres científicas (Margarita Salas, Marie Curie).
3.- Tres persoas contestaron que coñecían a un biólogo mariño (as tres respostas aludían a Jacques Cousteau). Outra, citou aos biólogos e biólogas do propio acuario. Ninguha persoa coñecía a unha bióloga mariña.
4.- Ningunha das persoas entrevistadas coñecía a Jeanne Baret.

En canto á profesión dos entrevistados e entrevistadas é a seguinte:
- Un comercial.
- Un policía.
- Unha fotógrafa.
- Un monitor do acuario.
- Unha monitora escolar.
- Unha caixeira de supermercado.
- Unha estudante de maxisterio.
- Un xubilado.
- Un educador social.
- Un funcionario.

CONCLUÍMOS:
* Coñecen máis homes científicos que mulleres científicas.
* Hai moito descoñecemento respecto á ciencia.
* Non se coñece a Jeanne Baret.
* Somos conscientes de que entrevistamos a  poucas persoas para reafirmarnos nas nosas conclusións.


























Comentarios

Publicacións populares deste blog

8M