Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2019

Concelleiros e concelleiras por un día

Imaxe
Dende o Concello déronnos a posibilidade de participar nunha actividade de "Concelleiros e Concelleiras por un día".  Primeiro realizamos unha votación para escoller aos nosos representantes da aula. Despois, elaboramos os puntos que queriamos tratar no pleno. Logo, as propostas que deberiamos votar. Este é un pequeno resumo das mesmas: No seguinte vídeo, podedes ver o debate que xurdiu en relación ao punto 2 ("medidas en torno á violencia de xénero"):

Experimentando!

Imaxe
Esta semana estivemos preparando diferentes experimentos para presentarlles aos compañeiros e compañeiras, lembrando a importancia de traballar a ciencia na escola. 

25 de novembro

Imaxe
Hoxe, no noso centro, todo o persoal se vestiu de negro. Realizamos un acto simbólico en contra da violencia de xénero. AS NOSAS MANS NON MALTRATAN! Este venres, temos programada unha actividade no Concello. Por un día, seremos concelleiros e concelleiras. Sabedes que propostas imos levar ao pleno? 

Mes da ciencia en galego

Imaxe
Este é o mes da ciencia en galego nas  Bibliotecas Escolares  e nós estamos organizando diferentes experimentos para desenvolver na vindeira semana.  Tal e como lemos hoxe no xornal, o mellor xeito de aprender ciencia é facendo ciencia!  Na noticia, presentábase unha importante investigadora española:  Margarita Salas . No seguinte enlace tendes unha recompilación de materiais de ciencia en galego:  RECURSOS . Na biblioteca do centro, hai unha exposición de libros sobre experimentos... Tendes na vosa man toda a información que precisedes para convertervos en científicos e científicas! 

Visita ao acuario

Imaxe
Onte visitamos o  Aquarium Finisterrae  e descubrimos moitas cousas sobre o mundo mariño: os mecanismos de defensa dalgúns peixes, a cor dos mexillóns, a importancia das branquias, por que no acuario uns peixes non se comen a outros, que as quenllas teñen tres filas de dentes e un fígado moi grande, como limpan os dentes as focas... Tamén aproveitamos para seguir traballando no noso proxecto Buganvílea. En grupos de cinco persoas, elaboramos unha pequena enquisa para realizar a algún visitante ou traballador do acuario. Entrevistamos a dez persoas , dúas delas traballadoras do acuario e o resto visitantes. Catro mulleres e seis homes. Os datos que extraemos son os seguintes: 1.- As persoas entrevistadas coñecían a algún científico importante, agás unha, que non lembraba ningún/a. Todas as respostas aludían a un home científico. 2.- Seis persoas contestaron que non coñecían a ningunha muller científica. Unha persoa respondeu que si, pero non citou o seu nome. Tres perso

A nosa buganvílea

É importante recoñecer e identificar palabras positivas para que na aula exista un clima de traballo igualitario e respectuoso. Da nosa buganvílea medraron palabras fermosas. Recoñeces algunha?

Proxecto Buganvílea

Imaxe
Xa sabedes que estamos traballando un proxecto sobre Jeanne Baret... pero o que non vos presentamos aínda foi o título do mesmo. Consideramos que é xusto que sexa a planta que ela descubriu, polo que na nosa clase floreceu unha fermosa buganvílea: