Lectura do diario do Beagle no Día do Libro Infantil
Dende moi novos, un libro pode marcarnos. A lectura transpásanos, fainos pensar, descubrir, viaxar! Quen non lembra algún libro que tivera de cativo? As súas primeiras lecturas? Os mestres tamén fomos nenos! Rapaces e rapazas que almorzaban, xantaban e ceaban libros! Dende a biblioteca elaborouse un mural das lecturas que máis nos gustaban na nosa infancia...
Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, e na clase decidimos adicalo á lectura do diario do grumete do Beagle:
Pero sabedes por que se celebra o día do libro infantil nesta data? Polo nacemento de Hans Christian Andersen! Quen non lembra contos como O soldadiño de chumbo, A raíña das neves, O traxe novo do emperador ou O parrudo feo?

Para os vindeiros días estamos preparando algunha sorpresiña... sobre os nosos libros favoritos!

Comentarios
Publicar un comentario