Reto pequechxs 1

Lembrades que hai uns meses tivemos unha proposta moi especial duns nenos e nenas do C.P.I. Castro Baxoi de Miño? Querían descubrir a través do noso blog as distintas especies de animais que estivemos traballando. Pois ben! Imos comezar este mes co reto! 
Como xa sabedes, da man de Rosalía de Castro, abrimos as portas á poesía. E imos seguir con esta andaina ao longo do trimestre. Xa vos iremos informando das nosas poéticas diversas!
Tamén, tras celebrar o venres pasado, o día internacional da muller, pensamos que esta actividade pode seguir abríndonos os ollos...ou pensades que no reino animal non hai grandes traballadoras?

Este é o primeiro reto para os Pequechxs do Baxoi!
Adiviñades de que animal se trata?


Comentarios

  1. Ola nenos e nenas! Aquí está a solución ao primeiro reto

    https://abrindoportasaomundo.blogspot.com/2019/03/solucion-do-primeiro-reto.html?m=1

    Imos a polo segundo!! 😉😉

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

EDIXGAL

Circuítos eléctricos