Compartindo poesía
Seguimos festexando o día da poesía!
O luns pasado quixemos compartir cos nenos e nenas máis pequeniños un fermoso libro de Dorés Tembrás titulado "O peizoque Roque". En semanas pasadas xa vos presentamos distintas especies de paxaros que cantaban para Rosalía... O peizoque é un deles. En Galicia, posúe diferente nomes segundo a zona xeográfica, pero seguro que o coñecedes!
Moitas grazas aos nenos e nenas de Educación Infantil por escoitar o noso conto! E grazas por darlle de comer ao noso paxariño... Que palabras tan fermosas xantou!
Comentarios
Publicar un comentario