Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2019

Feira matemática

Imaxe
Este sábado día 30 celebrouse a Feira Matemática: diferentes centros compartían xogos, experiencias e actividades en torno ás matemáticas.  Moitas grazas Adán e Martín! Por participar e presentar conceptos matemáticos dun xeito tan divertido! No seguinte enlace podedes ver un vídeo representativo de toda a xornada: Feira Matemática 2019

Descubrindo paraxes

Imaxe
Ao mesmo que Darwin, nós tamén quixemos coñecer espazos naturais. Hoxe visitamos o Castelo de Santa Cruz e descubrimos árbores senlleiras, corvos mariños, esqueletos de golfiños... E aprendemos moitos nomes de aves que viven na súa contorna. Sabedes que come o xílgaro? Que a estreliña é unha especie de paxaro moi pequeniño? Que a femia do merlo é de distinta cor ao macho?

Compartindo poesía

Imaxe
Seguimos festexando o día da poesía! O luns pasado quixemos compartir cos nenos e nenas máis pequeniños un fermoso libro de  Dorés Tembrás  titulado "O peizoque Roque" . En semanas pasadas xa vos presentamos distintas especies de paxaros que cantaban para Rosalía... O  peizoque  é un deles. En Galicia, posúe diferente nomes segundo a zona xeográfica, pero seguro que o coñecedes! Moitas grazas aos nenos e nenas de Educación Infantil por escoitar o noso conto! E grazas por darlle de comer ao noso paxariño... Que palabras tan fermosas xantou!

Animais de granxa

Imaxe
Seguimos descubrindo cousas novas dos animais! Hoxe estivemos de visita na granxa  O Cancelo .  Sabiades cantas veces teñen que ordeñar ás vacas ao longo do día? Cal é a mellor alimentación para unha cría? Cal é a raza que máis leite da? Que os burros son moi listos? Ou por que montamos nun cabalo polo lado esquerdo?  Que ben o pasamos e que bos estaban os xeados!

Investigando fósiles

Imaxe
No seu libro “A viaxe do Beagle”, Charles Darwin relata que o descubrimento de fósiles foi fundamental para o desenvolvemento da Teoría da evolución das Especies. O alumnado de sexto estivemos investigando, a través de diferentes fontes, algúns dos fósiles atopados por Darwin nas súas viaxes. Tivemos en conta que cando facemos un traballo é importante citar a fonte de onde extraemos a información, así como ilustralo mediante imaxes.

Día mundial da poesía

Imaxe
Este mes estivemos mergullándonos no mundo da poesía: con Rosalía De Castro, elaborando o reto dos pequechxs, creando pequenas composicións... Hoxe celébrase o seu  día , e nós estamos preparando unha pequena sorpresiña para os nenos e nenas de infantil. Estade atentos á vindeira semana! Na biblioteca do cole temos unha selección de libros sobre poesía moi interesantes: Lembrades aqueles animais en perigo de extinción que traballamos no trimestre pasado?  co gallo desta data, aí van uns poemas sobre eles... Menudos poetas temos na clase!