Hoxe estivemos buscando libros sobre animais na biblioteca do colexio, seleccionando aqueles que máis nos interesan para continuar coa nosa viaxe de Darwin.
Na aula estivemos traballando estas semanas diferentes xéneros literarios (narrativa, lírica e teatro). Hoxe comeza a primavera e mañá celebrarase o día internacional da poesía , polo que propoñemos dúas actividades respecto ao xénero lírico para ir facendo nos vindeiros días. Busca un verso ou pequeno fragmento poético e súbeo como comentario do blog (lembra citar o autor ou autora do mesmo). Visualiza o seguinte vídeo elaborado polo alumnado do curso pasado. Escolle unha das palabras que atopa o protagonista e elabora con ela un pareado (dous versos que rimen entre si). Podes ilustrar a túa composición cun debuxo. *Esta actividade é para elaborar no caderno, pero tamén podedes subir as vosas creacións nos comentarios do blog. enlace ao vídeo : " compartindo poesía " Exemplo de pareado coa palabra "xeada": "Cando a mañá se viste de XEADA o ceo pinta unha noite estrelada" Sabemos que nestes días está escaseando a poesía. Dende...
Comentarios
Publicar un comentario