Seguimos experimentando!
No trimestre pasado, con motivo da semana de ciencia, estivemos realizando experimentos sinxelos no laboratorio. Queríamos meternos na pel dun científico!
Un deses experimentos, o da candea, fixo que xurdise en nós unha pregunta:
Afecta a forma dun espazo no consumo de osíxeno?
Por iso, estas semanas imos tentar dar resposta a esta hipótese aplicando o método científico.
* O primeiro que fixemos foi crear diferentes “espazos” de igual “capacidade” con material de refugallo (botellas de plástico). Iremos informando das fases da investigación!
Saberes a resposta? Que pensades?
Comentarios
Publicar un comentario