Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2019

Primeira etapa da investigación da candea

Imaxe
Logo de elaborar os “espazos” a través das botellas de plástico, estivemos cronometrando o tempo que tardaba en consumirse o osíxeno, facendo cinco intentos para cada unha das nosas elaboracións e calculando as medias:

Viaxa pola PAZ

Lecturas aconselladas para lembrar que a paz e a non violencia son principios que deben fomentarse todos os días do ano: http://abiblimondego.blogspot.com/  

Sorpresa!

Os nenos e nenas de tres anos do C.P.I. Castro Baxoi, en Miño, están interesados no estudo de animais en perigo de extinción. Nós, imos colaborar con eles para achegardes os nosos coñecementos, adaptándoos á súa idade. A través da figura de Charles Darwin, iremos presentándolles distintas especies. Eles deberán buscar a información sobre as mesmas... É importante despertar a curiosidade dende as idades máis temperás. Grazas por querer descubrir Mundego! https://abrindoportasaomundo.blogspot.com/2019/01/aqui-estamos-os-pequechxs-do-baxoi.html

Seguimos experimentando!

Imaxe
No trimestre pasado, con motivo da semana de ciencia, estivemos realizando experimentos sinxelos no laboratorio. Queríamos meternos na pel dun científico! Un deses experimentos, o da candea, fixo que xurdise en nós unha pregunta: Afecta a forma dun espazo no consumo de osíxeno? Por iso, estas semanas imos tentar dar resposta a esta hipótese aplicando o método científico. * O primeiro que fixemos foi crear diferentes “espazos” de igual “capacidade” con material de refugallo (botellas de plástico). Iremos informando das fases da investigación! Saberes a resposta? Que pensades?

Colaborando co mural da biblioteca

Imaxe
No panel expositivo da biblioteca, pódense ver as diferentes investigacións sobre viaxes que se están desenvolvendo nas aulas. Nós participamos na súa elaboración e tamén puxemos a nosa boliña do proxecto: a viaxe do Beagle. Estamos feitos uns artistas!