Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2018

Saída á Fábrica do Castro

Imaxe
Esta semana estivemos visitando a fábrica de cerámica do Castro de Sada. Ensináronnos todo o proceso de elaboración de Sargadelos e aprendemos que hai outros xeitos de metodoloxía na organización de traballos. Para o vindeiro trimestre, temos prevista unha actividade plástica para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

Libros de animais!

Imaxe
Hoxe estivemos buscando libros sobre animais na biblioteca do colexio, seleccionando aqueles que máis nos interesan para continuar coa nosa viaxe de Darwin. A lectura en si mesma xa é unha viaxe!

Monólogo dun can

Seguindo coa temática da semana, estivemos elaborando un pequeno texto sobre o abandono de animais. É unha adaptación dun relato de Antonio Gala . 

Valores para o Nadal

A través da viaxe de Darwin non soamente investigamos sobre a evolución de especies, tamén promovemos unha educación en valores. Esta semana, todas as actividades estiveron encamiñadas ao coidado e respecto dos animais domésticos: - Tivemos unha visita dun veterinario para ser conscientes da importancia da atención sanitaria ás mascotas. - Elaboramos carteis contra o abandono animal nestas datas tan críticas. - E traballamos a empatía mediante un relato moi especial. Esta é a nosa felicitación de Nadal: BOAS FESTAS A TOD@S!

Carteis contra o abandono animal

Imaxe
Nas datas de vacacións, aumenta o número de abandono de animais. As protectoras e canceiras están sobrepasadas. Dende o colexio, queremos concienciar a todas esas persoas da importancia do coidado dos nosos animais: unha mascota é unha responsabilidade.

Unha visita especial

Imaxe
Como sabedes, a través da viaxe de Darwin, estamos traballando moito sobre as especies animais. Con motivo de que onte,10 de decembro, foi o día internacional dos dereitos dos animais, esta semana estamos realizando diversas actividades encamiñadas ao respecto e coidado dos animais, comezando polo máis próximo: as nosas mascotas. Hoxe tivemos unha visita moi especial: estiveron con nós uns veterinarios da Clínica Albeitar de Sada. Moitas grazas polo voso tempo, o agarimo e os grandes consellos. E grazas a Curro pola súa inesgotable paciencia!

Exposición sobre os koalas

Imaxe
Dúas alumnas de 6º B realizaron unha exposición fermosísima sobre uns animais moi especiais: os koalas. Ensináronnos moitas cousas interesantes sobre esta especie animal: a súa alimentación, o seu aspecto, o seu hábitat, a forma das súas patas, a importancia do marsupio... Moitas grazas Alicia e Yaiza! E trouxéronnos un agasallo elaborado por elas: uns colgantes de koala! Feitos co alimento fundamental desta especie: o eucalipto.