Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

Traballando a simetría

Imaxe
Na área de plástica estamos descubrindo o perfeccionistas que eran os gregos, pero decatámonos de que nós non somos perfectos... Estivemos traballando a simetría da nosa cara. Que vos parece o resultado? Grazas tamén á mestra Alicia, que nos cedeu un xogo matemático moi interesante para traballar a simetría!

Día das bibliotecas escolares

Imaxe
Damos comezo a este curso escolar conmemorando o día das bibliotecas escolares . Para nós, é un espazo de vital importancia no desenvolvemento de proxectos. O cartel deste ano, é un fermoso deseño da ilustradora Xulia Vicente . Dende a biblioteca do centro, convídannos a participar na apertura da biblioteca a través da resolución de pequenas probas. Maxín, a nosa mascota, está atrapado. O único xeito de conseguir salvalo será abrindo unha porta máxica. Algo que soamente os grandes lectores e lectoras poderán conseguir. Participas no reto? Actualización de entrada para o solucionario do reto :